Alegria Cuac Fm's Podcast
Alegría en CUAC FM. 14X08. Día 20 de xaneiro de 2011
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:58:02
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
Hoxe falamos con Javier Couso (irmán de José Couso), exemplo de loita contra os estados (USA e España). Moi interesante o que nos contou. Tamén tivemos no programa a dous "manteiros". Odio ese termo. Son persoas que veñen aquí a compartir con nós a sua vida, a axudar as suas familias en Senegal...E non lles deixamos case nin existir. É tremendo como contan que un policía da paisano lles ensina unha placa e lles leva incluso a sua bolsa da compra do supermercado, sin que podan facer nada porque o noso estado non lles da papeis. ¿Cómo nos sentaría se iso nolo conta un irmán noso que se vai a traballar a outro país? E con eles veu Vero en representación dun grupo de persoas que van traballar para apoiar a esas persoas migrantes que se merecen o mellor. Pasa, estás na tua casa: Alegría en CUAC FM P.D. A foto é da beirarua pola que tódolos días suben centos de pais a levar aos seus fillos ao colexio San Pedro de Visma, en plena Ronda de outeiro. ¿Accesibilidade? Si, para as pantasmas.